Veñen Corvos Voando Baixo. Tono Arias
Premio Mallorca de fotografía contemporánea 2023

Este proxecto iniciase no ano 2020 xusto cando se decreta o estado de alarma en España. O autor vive nunha casa apartada e cerca do bosque, este tempo detido significou unha oportunidade, un campo de xogo para a creación, momentos para nada, un achegamento emocional e metafórico a paisaxe construida nun entorno doméstico, buscando un encontro e comprensión do medio e de si mesmo

Veñen Corvos Voando Baixo propon unha mirada crítica a relación do ser humano co medio físico que habita e o seu modo de vida. As imaxes articulan unha representación metafórica da fraxilidade do home e a natureza e os drásticos cambios os que se enfrenta na actualidade. É tamén un soño surrealista, un espazo mental, unha visión arqueolóxica do noso tempo, a memoria dos restos dunha civilización depredadora que esgota os recursos do planeta. Unha reflexión, en suma, sobre a responsabilidade colectiva e individual respecto o mundo que estamos construindo e destruindo o mesmo tempo.