Do,Re,MiRa,Sol,La,Si
O Xoves 22 de xaneiro inaugúrase na Sala Alterarte da universidade en Ourense a mosta Do,Re,MiRa,Sol,La,Si.
Esta é a nova serie realizada por Tono Arias na aldea galega de Sabucedo ao longo dos últimos anos.
A primeira fin de semana de xullo desenvólvese alí a famosa rapa das bestas. A capacidade para poder ver o espectáculo é limitado e a xente que non pode entrar intenta MIRAR dende algún lugar o que acontece no curro.
«Sempre tiven interese pola periferia, o que acontece no que rodea o que se supón que é o suceso relevante (o que se denomina en fotografía “instante decisivo”), nesa zona de suposta apatía visual está o que eu considero o punctum do meu traballo, o silencio.»
Este proxecto quere ser un ensaio fotográfico-musical: un retrato amplo da sociedade na que vivimos e das súas múltiples identidades. Proponse como unha visión subxectiva do real, mais tamén como un experimento cargado de sentido do humor, un xogo constante entre a realidade cotiá e o fantástico, entre o máxico e o real, que se achega ao realismo máxico.
«A fotografía é unha canción conxelada, mentres que unha canción e unha imaxe sonora que se despregan no tempo, ambas capturando “imaxes” da vida.»
Música
«Sinfonía do silencio», de John Cage, obra 4’33”