Exposición Do,Re,MiRa,Sol,La,Si Sala Alterarte ourense
A Sala Alterarte da universidade de Ourense arranca a súa programación de 2026 cunha mostra sobre o que acontece na “periferia” da rapa das bestas de Sabucedo
A exposición, organizada pola Vicerreitoría do Campus de Ourense ao abeiro do convenio coa Deputación de Ourense, pode visitarse de balde no pavillón I do campus ata o 13 de marzo, seguindo o horario de apertura académico. A proposta de Tono Arias dá ademais continuidade ao ciclo expositivo Mutacións inestables (Mesturar disciplinas-romper categorías), coordinado polo tamén artista Javier Blanco Sierra.
O proxecto Do, Re, MiRa, Sol, La, Si, sinala o se autor, “quere ser un ensaio fotográfico-musical: un retrato amplo da sociedade na que vivimos e das súas múltiples identidades”. Deste xeito, engade, “proponse como unha visión subxectiva do real, mais tamén como un experimento cargado de sentido do humor, un xogo constante entre a realidade cotiá e o fantástico, entre o máxico e o real, que se achega ao realismo máxico”. A fotografía, engade, “é unha canción conxelada, mentres que unha canción e unha imaxe sonora que se despregan no tempo, ambas capturando 'imaxes' da vida”.