DesXeo
Acción de entrar en calor
Corpos cheos de po branco. Po que limpa, purifica, reinicia o rito e mais a festa. Unha catarse colectiva, unha sesión de psicoterapia natural. Coma a auga no DesXeo, a fariña percorre os corpos provocando múltiples sensacións, dando lugar a imaxes emocionais e abstractas, de perplexidade e incerteza. Unha mirada de asombro, intuitiva. Experiencias sensoriais próximas que quedan atrapadas en fragmentos de luz artificial.
Si che interesa algunha copia desta colección, podes enviarnos un mail a tono@tonoarias.com realizamos copias en papel museo en diferentes tamaños coa posibilidade de enmarcado.
Si queres apoiar o proxecto podes comprar aquí o libro
O libro foi seleccionado entre os mellores do ano no festival Arles en Francia.