Do . Re . MiRa . Sol . La . Si
Ensaio fotográfico-musical
Do,Re,MiRa,Sol,La,Si / Si,la,Sol,Fa,MiRa,Do, é a nova serie realizada por Tono Arias na aldea galega de Sabucedo o longo dos últimos anos.
O primeiro fin de semana de xullo desenvolvese alí a famosa Rapa das Bestas, o aforo para poder ver o espectáculo e limitado e a xente que non pode entrar intenta MiRar desde algún lugar o que acontece no curro.
«Sempre tiven interese pola periferia, o que acontece no que rodea o que se supón que é o suceso relevante (o que se denomina en fotografía “instante decisivo”), nesa zona de suposta apatía visual está o que eu considero o punctum do meu traballo, o silencio.»
Este proxecto quere ser un ensaio fotográfico-musical: un retrato amplo da sociedade na que vivimos e das súas múltiples identidades. Proponse como unha visión subxectiva do real, mais tamén como un experimento cargado de sentido do humor, un xogo constante entre a realidade cotiá e o fantástico, entre o máxico e o real, que se achega ao realismo máxico.
«A fotografía é unha canción conxelada, mentres que unha canción e unha imaxe sonora que se despregan no tempo, ambas capturando “imaxes” da vida.»
-Reflexións acerca dos textos de Roland Barthes-
Música
«Sinfonía do silencio», de John Cage, obra 4’33”
Si estas interesad@ en algún print deste traballo envía un mail a tono@tonoarias.com . Realizamos copias en distintos tamaños en papel museo. Tamen podemos facilitarlle as copias enmarcadas con molduras de calidade en madeira natural ou blanco.
Temos unha exposición que podemos itinerar pode solicitar información en tono@tonoarias.com